Ideas para revitalizar o Xornalismo diante do novo escenario da Sociedade da Información

  1. Xosé López García
Revista:
Observatorio (OBS*)

ISSN: 1646-5954

Ano de publicación: 2007

Volume: 1

Número: 1

Páxinas: 87-98

Tipo: Artigo

DOI: 10.7458/OBS11200734 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Observatorio (OBS*)

Resumo

A fase actual de tránsito da Sociedade Industrial, que dispón dunha infraestrutura analóxica, á Sociedade da Información, que descansará sobre unha infraestrutura dixital, está provocando importantes cambios no hipersector da comunicación, algunha confusión e moitos interrogantes. A chegada dunha tecnoloxía de substitución esperta moitas ilusións, algunhas sen dúbida infundadas, e unha nova oportunidade para redefinir estratexias. Este e, pois, o momento que teñen os diarios para repensar o futuro e tentar definir o seu papel no novo escenario. Se queren sobrevivir, amais de cumprir diariamente co seu cometido de ofrecer produtos de calidade, terán que anticiparse ao futuro. Só quen consiga facelo contará con posibilidades de chegar ao 2100.