Antón Avilés no Barbanza:"Ulises Fingal Tecera un soño"

  1. Rosa Aneiros Díaz
  2. Xosé López García
Revista:
Estudios de comunicación

ISSN: 1578-4916

Ano de publicación: 2003

Título do exemplar: Dez anos dos estudios de comunicación na universidade galega

Número: 2

Páxinas: 97-119

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios de comunicación

Resumo

Antón Avilés, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2003, colaborou en diversos medios xornalísticos ó longo da súa vida. A súa maior achega periodística foi no Barbanza, a publicación quincenal de Noia (1988-1989), na que expresou a súa voz de poeta, de veciño e de político. Baixo as sinaturas de Ulises Fingal, Hércules Poirot e Antón Avilés, o autor de Taramancos abordou temas relativos á vida municipal, á política, á cultura ou á educación. O presente e o futuro de Galicia e Colombia, as súas dúas patrias, latexaron en artigos de opinión cheos de emoción e de lirismo pero tamén de sarcasmo e sinceridade. O Ulises, ese que atravesa diametralmente os seus versos, navega tamén no periodismo de Antón Avilés con arelas de mudar todo o que paralizaba o desenvolvemento do seu proxecto de país.