Oportunidades da crisedebate sobre a reestructuración da administración territorial

  1. Rodríguez González, Román
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2011

Volume: 6

Número: 2

Páxinas: 21-36

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

A situación de crise actual abriu un debate sobre a oportunidade de acometer procesos de reestruturación na organización da administración territorial do conxunto do Estado. Diferentes actores políticos, empresariais ou sociais formulan a oportunidade de acometer procesos de reestruturación da base administrativa local, creación de novos órganos de gobernanza, supresión ou reestruturación profunda das institucións provinciais, etc. Un dos debates recorrentes neste escenario é o relativo á oportunidade de fusionar ou agregar concellos, co fin de reducir o seu número e adecualos á actual estrutura territorial, e de lograr un modelo de xestión pública máis eficaz e eficiente. Esta análise fundaméntase na necesidade de acometer reformas que vaian encamiñadas a integrar desde unha perspectiva funcional os servizos que os concellos, como unha parte básica da administración territorial, lles prestan aos cidadáns, partindo dunha fórmula que, mantendo a unidade municipal de base como un feito indiscutible de identidade territorial e identificación política e social, sexa quen de profundizar na integración supramunicipal dos servizos públicos de base local