O impacto económico e territorial dos inmigrantes e dos retornados na Galiza (1990-2005)
ISSN: 1889-9609
Ano de publicación: 2009
Título do exemplar: Galegos en Europa : ida e volta
Volume: 2
Número: 1
Páxinas: 55-75
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Estudos migratorios: revista galega de análise das migracións
Resumo
Dende mediados dos anos 80 percíbese unha mudanza na tendencia dos movementos migratorios, de forma que o territorio galego pasou a rexistrar saldos fortemente negativos para converterse en receptor neto de poboación, tanto procedente do estranxeiro como do resto do Estado español. Esta nova situación é debida, por unha parte, á chegada recente de inmigrantes de nacionalidade estranxeira e, por outra parte, ás achegas da inmigración de retorno. Con este trabalo preténdese facer unha contribución ás recentes investigacións relativas ao impacto das actuáis correntes migratorias rexistradas na Galiza nos ámbitos económico e territorial. Iniciarase este estudo cunha aproximacón ás fontes empregadas no traballo. A continuación faráse un repaso a evolución dos movementos migratorios nos últimos quince anos, tanto a nivel do conxunto da comunidade como a escala municipal, analizando tamén as áreas de procedencia dos chegados e de destino dos galegos que abandonaron o seu lugar de orixe. Finalmente, trataranse os grandes impactos económicos (afiliación á Seguridade Social, contribución ás contas do Estado e de Galiza) e demográficos (cruzando os datos do crecemento natural e do saldo migratorio) que a inmigración e o fenómeno do retorno están a ter na sociedade galega.