Estado e "cultura de resistencia"aproximación ao estudo dos mecanismos definidores da conflitividade rural durante o primeiro franquismo

  1. Cabana Iglesia, Ana
Revista:
Semata: Ciencias sociais e humanidades
  1. Villares Paz, Ramón (coord.)
  2. Villaverde, Miguel Cabo (coord.)

ISSN: 1137-9669 2255-5978

Ano de publicación: 2008

Título do exemplar: Guerra, violencia e conflitividade na historia

Número: 19

Páxinas: 259-274

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Semata: Ciencias sociais e humanidades

Resumo

Existe no agro galego unha tradición de conflitividade, enmarcable no tempo longo, que foi actualizada ante o franquismo cando éste desmantelou as formas de protesta propias dos movementos sociais. Este artigo ten por obxecto por de manifesto que o repertorio de formas no que se reflicte a conflitividade desenvolvida polas comunidades rurais nas primeiras dúas décadas de franquismo ten como elementos definidores dúas realidades. Unha conxuntural, o Estado, en tanto que foron as súas normas e lexislacións as que marcaban o que era conflito e como debia actuarse fronte a el. Outra, estrutural, a cultura de resistencia, pautas culturais artelladas arredor de experiencias de protesta históricas que as comunidades rurais actualizan para organizar e plasmar o seu descontento.