A colaboración entre universidade e industria no marco dos sistemas rexionais de innovacióno caso galego

  1. González López, Manuel
Zeitschrift:
Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ISSN: 1132-2799

Datum der Publikation: 2000

Ausgabe: 9

Nummer: 2

Seiten: 43-66

Art: Artikel

Andere Publikationen in: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Zusammenfassung

A colaboración entre a Universidade e a industria (CUI) é un fenómeno que ten cada día maior relevancia tanto nas instancias políticas como nas académicas. Este artigo pretende analiza-lo dito fenómeno usando o marco dos Sistemas Rexionais de Innovación (SRI). Deste xeito, nunha primeira parte, definímo-la CUI como unha das compoñentes do sistema de innovación nun determinado territorio e que, polo tanto, responde ás súas características globais. Na segunda parte do artigo damos conta da CUI, referida ó caso galego, e presentámo-los resultados do estudio empírico realizado para dúas das tres Universidades de Galicia. Concluímos sinalando que a situación periférica da economía galega é un condicionante fundamental do sistema galego de innovación e, polo tanto, da colaboración que se dá entre a universidade e a industria