Análise da productividade total no sector agrario galego (1970-95)
ISSN: 1132-2799
Ano de publicación: 2000
Volume: 9
Número: 2
Páxinas: 5-20
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Resumo
Nos últimos corenta anos o sector agrario galego experimentou importantes transfor-macións, e estas foron especialmente intensas a partir da adhesión de España á CE. Neste con-texto de cambios profundos ofrecemos, no presente traballo, unha análise do comportamento da productividade total dos factores no sector para o período 1974-95, comparando os resultados obtidos para Galicia, para as súas provincias e para o global de España. No estudio poñemos de manifesto a marcada diverxencia existente, en termos de productividade, entre os ámbitos espa-ñol e galego e, dentro deste último, as relevantes diferencias provinciais, o que reafirma a idea de que as políticas agrarias serán máis efectivas na medida en que teñan en conta as distintas especialidades productivas e os contextos concretos de producción.