Os servizos a empresas intensivos en coñecemento nas rexións periféricascrecemento nun contexto de dependenc¡a externa?

  1. González López, Manuel
Zeitschrift:
Documentos de Traballo. Economía aplicada

ISSN: 1138-2686

Datum der Publikation: 2006

Nummer: 22

Seiten: 4-21

Art: Arbeitsdokument

Andere Publikationen in: Documentos de Traballo. Economía aplicada

Zusammenfassung

Este artigo, en estado de borrador, pretende analisar o crecemento nas rexións periféricas dun dos sectores representativos da "economía baseada no conecemento": os servizos a empresas intensivos en coñecemento (SEIC). Como veremos, a maioría dos estudios sobre este sector están referidos ás rexións centrais e metropolitanas e pouco se ten dito sobre as características e natureza do seu desenvolvemento noutras rexións. Realizase un estudio para o caso español onde se tratan de verificar unha serie de hipóteses en relación ao crecemento dos SEIC nas rexións periféricas. Os resultados que se obteñen corroboran de xeito xeral as hipóteses de partida apuntando, por un lado, á existencia dunha importante concentración da oferta deste tipo de servizos nas rexións máis desenvolvidas, en particular na Comunidade Madrileña, contando ademais cunha clara vocación exportadora. Por outra banda, aínda tendo experimentado un importante crecemento dos SEIC nos últimos anos, obsérvase unha clara dependencia externa para a provisión deste tipo de servizos en rexións cun menor nivel de desenvolvemento.