Investigar a historia da comunicacióna interdisciplinariedade necesaria: Achegamento ao estudo do protoxornalismo galego

  1. López García, Xosé
  2. Aneiros Díaz, Rosa
Libro:
Investigar sobre periodismo: Reunión Científica de la Sociedad Española de Periodistica (SEP), Santiago de Compostela, 27-28 de mayo de 2005
  1. Xosé López García (coord.)
  2. Xosé Pereira Fariña (coord.)
  3. Xosé Villanueva Rey (coord.)

Editorial: Servicio de Publicaciones = Servizo de Publicacións ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 84-9750-497-6

Ano de publicación: 2005

Páxinas: 101-118

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

A investigación da historia da comunicación veu marcada dende os seus inicios por un marcado carácter historicista. Os investigadores non só encontraron na prensa unha importante fonte para o estudo da Historia senón que axiña a entenderon como propio obxecto de estudo. Ao pé destes estudosos, os investigadores da comunicación comezaron a indagar nos procesos comunicativos, modalidades textuais, promotores e industrias periodísticas afondando en cuestións que os historiadores non puñan de relevo. Non obstante, os dous enfoques resultan imprescindibles. A ollada interdisciplinar da historia da comunicación non pode senón enriquecer o discurso investigador proporcionándonos as ferramentas necesarias para entender os fenómenos mediáticos na súa globalidade. Dende esta perspectiva plural, a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega está a abordar o estudo do protoxornalismo en lingua galega. Cos enfoques propios de disciplinas como a Historia, a Comunicación e a Lingua e da man de recoñecidos expertos en cada ámbito procuramos achegar unha visión coral que permita afondar nos aspectos máis relevantes dos alicerces do xornalismo de noso. A lingua empregada, os promotores, as modalidades discursivas, os feitos históricos, os receptores, os redactores, as cabeceiras ou os períodos históricos configuran os piares básicos en que asentamos esta investigación co fin de obter unha perspectiva máis ampla e plural das orixes da nosa prensa.