Caracterización da raza galiña de Mos

  1. ROIS LOSADA, DIEGO
Supervised by:
  1. José Luis Benedito Castellote Director
  2. María Marta López Alonso Co-director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 15 January 2016

Committee:
  1. Pedro J. García Herradón Chair
  2. Antonio Iglesias Becerra Secretary
  3. Juan Manuel Caínzos Cagiao Committee member
  4. Daniel Jose Franco Ruiz Committee member
  5. Miguel Fernández Rodríguez Committee member
Department:
  1. Department of Animal Pathology

Type: Thesis

Abstract

Nos últimos anos a FAO, ven alarmando da perda de razas. Para establecer estratexias de conservación dunha raza autóctona, requírese información sobre características fenotípicas, a súa orixe, sistemas de produción, evolución dos seus censos, rasgos xenéticos singulares e a tipificación das súas producións e reproducións. Neste traballo faise a caracterización da raza e as recomendacións para unha xestión eficiente. A Galiña de Mos ten referencias escritas desde o ano 1936, tras ser seleccionada a partir de exemplares da zona da Terra Chá, na provincia de Lugo, aínda que existían exemplares por todo o interior de Galicia. A súa orixe xenética é moito anterior. Tras ser empregada décadas atrás en produtos avícolas de calidade, a chegada da avicultura industrial provocou o abandono progresivo da súa cría ata situarse ao bordo da extinción. A implantación dun Programa de Conservación na raza, permitiu a recuperación dos seus censos ata ter 6.253 reprodutores, con 26.373 nacementos en 2014, sendo a raza de galiñas autóctonas españolas con maior censo. A súa produción oveira foi de 185 ovos anuais, tendo este produto unhas cualidades nutritivas diferencias, con gran cantidade de aminoácidos esenciais, con elevadas proporcións de xema e menor humidade que as estirpes industriais. A produción cárnica destacou nos catro produtos analizados, Galo, Capón, Pularda e Galiña, en comparación ás estirpes industriais, por ser de elevado rendemento en partes nobres, cunha carne fina e cun sabor máis intenso. A pel mostra unha cor amarela uniforme sendo moi fina, con pouca graxa subcutánea. Son carnes moi nutritivas, zumarentas, tenras, pouco fibrosas, cunha cor máis intensa e boa intensidade de olor. Con pouca graxa, que ademais é de alta calidade e moi saudable, cunha alta proporción de ácidos graxos poliinsaturados, de omega 6 e de omega 3. A súa xenética permite obter produtos diferentes, os sabores de antes.