A ordenación da Formación Profesional inicial e a súa vinculación co desenvolvemento socioeconómico dos territorios comarcais galegos

  1. Rego Agraso, Laura
Dirixida por:
  1. Antonio F. Rial Sánchez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 26 de maio de 2014

Tribunal:
  1. Miguel Ángel Zabalza Beraza Presidente
  2. Elisa Jato Seijas Secretaria
  3. Óscar Mas Torelló Vogal
  4. José Tejada Fernández Vogal
  5. Fernando Marhuenda Fluixà Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Resumo

A investigación que aquí se mostra aborda o concepto de desenvolvemento de forma lonxitudinal e tomando en consideración os cambios que a nivel teórico foi experimentando ao longo da historia contemporánea, especialmente en relación ao papel xogado pola educación en xeral e pola Formación Profesional en particular. Tómase como referente básico o modelo de Desenvolvemento Humano e Sustentable (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, 1990) como paradigma da utopía que representa a día de hoxe, un planeta ambiental e humanamente sustentable, formulando a partir deste, o estudo centrado na contribución da Formación Profesional do sistema educativo a este modelo.