O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternaso caso do espectáculo de Barriga Verde na Galiza da postguerra (1939-1960)

  1. Campoy Garcia, Comba
unter der Leitung von:
  1. Marcelo Antonio Martínez Hermida Doktorvater
  2. Paul Rasse Co-Doktorvater/Doktormutter

Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 05 von Februar von 2016

Gericht:
  1. Manuel Martínez Nicolás Präsident/in
  2. Fernando Redondo Neira Sekretär
  3. Ana Cabana Iglesia Vocal
  4. Paula Godinho Vocal
  5. Carlos Caetano Biscaínho Fernandes Vocal
Fachbereiche:
  1. Departamento de Ciencias da Comunicación

Art: Dissertation

Teseo: 397765 DIALNET

Zusammenfassung

A tese aborda unha expresión da cultura popular galega, a barraca de feira de Barriga Verde, e cuestiona o papel que xogou durante a súa última etapa de vida: os anos da postguerra (1939-1960). Pártese da consideración do teatro en xeral, e o teatro popular de marionetas en particular, como medio de comunicación. Por outra parte, empréganse as nocións teóricas de resistencia simbólica e massmediación para formular a hipótese de que o medio de comunicación analizado (o espectáculo de Barriga Verde) tería xogado un papel como infrapolítica dos grupos subalternos durante os anos posteriores á Guerra Civil en Galiza.. Asemade, propón a posibilidade de que ese papel como forma de resistencia simbólica poida ser xogado de novo polo espectáculo nun proceso de reactivación social en marcha. No traballo expóñense de xeito pormenorizado todos os datos relativos á xénese do espectáculo, pondo de relevo a dificultade atopada á hora de rastrexar unha creación de natureza colectiva e popular, na que os rexistros e as fontes disponíbeis son escasas. A partir de documentos hemerográficos e de relatos de vida abórdase unha análise do discurso do espectáculo que permite confirmar que constituíu unha expresión do discurso oculto das subalternas, aquel que non podía ser expresado abertamente durante un período de forte represión como foron as primeiras décadas da ditadura franquista. Por outra banda, analízanse as estratexias dos artistas ambulantes responsábeis do espectáculo para adaptarse ao contexto das industrias culturais. Por último, a partir da observación participante no proceso de activación patrimonial do espectáculo actualmente en marcha, valórase a posibilidade de revivir a potencialidade do mesmo como forma de crítica ao poder na actualidade.