Antonio Casares Rodríguez e a súa contribución á Química e ao seu ensino na Universidade de Santiago
- Cid Manzano, Ramon
- Manuel R. Bermejo Patiño Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 11 de decembro de 2012
- Juan José Casares Long Presidente
- Ana María González Noya Secretaria
- Ánxela Bugallo-Rodríguez Vogal
- José Antonio Rodríguez Vázquez Vogal
- María Mercedes Álvarez Lires Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Asúmese como punto de partida que Antonio Casares Rodríguez constitúe un referente fundamental na introdución da Química moderna na Universidade de Santiago, aportando, tamén, unha nova forma de entender o seu ensino a través da experimentalidade. Esta dobre dimensión, investigación científica e ensino, sobrepasou, ademais, os límites da ciencia galega, contribuíndo nesas dúas áreas ao desenvolvemento desta ciencia no século XIX en toda España. Preténdese, a través da nosa investigación, aportar todos os datos ao noso alcance, para valorar, da forma máis precisa, a verdadeira dimensión científica e docente de Antonio Casares. Poderase, así, fundamentar solidamente a aseveración que o sitúa como unha das figuras claves da química española do século XIX.