Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea.o papel de Juan Rof Codina
- CONDE GOMEZ, DIEGO
- Lourenzo Fernández Prieto Director
- José Manuel Cifuentes Martínez Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 22 de novembro de 2013
- Ramón Villares Paz Presidente
- Ana Cabana Iglesia Secretaria
- José Manuel Etxaniz Makazaga Vogal
- Miguel Ángel Vives Vallés Vogal
- María Cinta Mañé Seró Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Os cambios que se produciron no campo galego entre o século XIX e o XX, non pode ser entendido sen o coñecemento da labor de persoas e colectivos, que loitaron por introducir e difundir no noso país os novos progresos técnicos que viñan do resto de España e Europa, sacando a Galicia da crise agraria de fins do século XX Así, neste traballo tomase como base a labor realizada neste ámbito por Juan Rof Codina para tratar de aportar novos coñecementos sobre o papel que xogou a profesión veterinaria na mellora pecuaria da Galicia Contemporánea. Tratase de contextualizar a veterinaria entre a segunda metade do século XIX e a primeira metade do século XX, período no cal prodúcese un dos principais cambios que se levaron a cabo na profesión, xa que neste momento conviven o final da Albeitería e o comezo da Veterinaria científica. OBXECTIVOS 1. Establecer o contexto histórico de Juan Rof Codina (1874-1967) describindo o entorno político e social da sociedade agraria da época e a situación da veterinaria en Galicia e España durante este período 2. Realizar o estudio biográfico e bibliográfico da persoa de Rof Codina. 3. Levar a cabo un análise da súa obra, achegándonos ao seu maxisterio, o papel divulgador que xogou a mesma, centrándonos principalmente na labor desenvolvida a prol da mellora pecuaria en Galicia. 4. Descrición do nacemento e evolución das estructuras publicas e privadas referentes a sanidade e mellora gandeira na Galicia contemporanea 5. Recuperación da memoria gráfica da veterinaria a través do fondo fotográfico de Rof Codina.