Poetas del "Cancionero de Palacio" (SA7)Diego Hurtado de Mendoza, García de Pedraza y mosén Moncayo. Edición y estudio de su poesía
- Laura López-Drusetta
- Cleofé Tato Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Ano de defensa: 2017
- Pedro Manuel Cátedra García Presidente/a
- Pilar Lorenzo Gradín Secretaria
- Jane Whetnall Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Diego Hurtado de Mendoza, García de Pedraza e mosén Moncayo son tres poetas da primeira metade do século XV, pouco atendidos pola crítica, que compoñen, respectivamente, sete, catorce e sete poemas transmitidos unicamente a través do Cancionero de Palacio. Neste traballo ofrécese a análise do proceso de transmisión das súas obras e procédese á edición crítica e anotación dos seus textos. O estudo complétase coa aproximación ás súas biografías e ás súas poéticas, investigación que permitiu rematar cos problemas de homonimia e ubicalos en dous círculos literarios: Diego Hurtado e Pedraza relaciónanse co de Santillana; Moncayo cos dos reis Alfonso V de Aragón e Juan I de Navarra. Pero, ademáis, estas pesquisas permitiron individualizalos no corpus cancioneril: Diego Hurtado practica modalidades literarias pouco frecuentadas na poesía do século XV; Pedraza participa en interesantes xogos poéticos cos membros da familia Mendoza e desenvolve singulares motivos literarios; Moncayo intervén nunha serie escrita entre algúns dos participantes na batalla de Ponza e compón unha ceda imitación da Querella de amor de Santillana. En definitiva, trátase de tres figuras cuxo nome merece ser salientado entre os autores cancionerís.