Edición y estudio de la "Theórica y práctica de boticarios" de Fray Antonio Castell

  1. Martínez Girón, María José
Dirixida por:
  1. José Ignacio Pérez Pascual Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. José Antonio Pascual Rodríguez Presidente/a
  2. Luis González-García Secretario/a
  3. Mar Campos Souto Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 494454 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Dentro da literatura de carácter pragmático, teñen sido obxecto de atención nas derradeiras décadas textos xurídicos e historiográficos, así como de albeitaría, cetrería e montería, dunha banda, e de medicina, botánica e farmacia, por outra. Parece lóxico que prestemos atención aos tratados médicos e farmacéuticos, mais non tanto polos seus posibles valores literarios, senón sobre todo polo seu importante testemuño socio-histórico e lingüístico. Abordamos neste traballo doutoral o estudo da obra de Frei Antonio Castell, Theórica y prática de boticarios, editada en Barcelona no ano 1592. É unha obra que amosaba unha primeira dificultade e tal é que só existen dela seis exemplares en todo o mundo, polo que resulta practicamente descoñecida na actualidade, sendo, non obstante, unha obra recoñecida e valorada pola comunidade científica ata o século XIX. Fixámonos nos aspectos formais, lingüísticos, léxicos e de contido, mais no transcurso da investigación atopamos un detalle de grande importancia: as súas coincidencias coa obra do médico francés Brice Bauderon, Paraphrase sur la Pharmacopée divisée en deux livres, editada en Lyon en 1588. Isto levounos a pensar que a obra de Castell é unha tradución, moi fiel, da Paraphrase, xa que ao ter estudado en Montpellier debeu coñecer alí a Bauderon a a súa obra. Pensamos que a pesares deste feito o estudo da Theórica de Castell segue a ter vixencia porque achegou, en definitiva, unha obra de grande importancia ó pensamento e á praxe da súa época.