Departamento: Departamento de Filosofía e Antropoloxía

Facultad: Facultade de Filosofía

Instituto: Instituto de Investigación de Humanidades (iHUS)

Área: Lóxica e Filosofía da Ciencia

Grupo de investigación: Episteme

Correo: eduardo.perez@usc.es

Doutor pola Universidad de Granada coa tese Ways of living The semantics of the relativist stance 2019. Dirixida por Dr/a. María José Frápolli Sanz.

Son Profesor Axudante Doutor no Departamento de Filosofía e Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Son doutor en Filosofía pola Universidade de Granada, onde tamén fun investigador postdoutoral. Antes de incorporarme á USC, fun investigador Juan de la Cierva-Formación na Universidade de Barcelona. Tamén fun investigador visitante no Instituto Jean Nicod, a Universidade de Berkeley, a Universidade de Edimburgo e o Instituto de Lóxica, Linguaxe e Computación da Universidade de Ámsterdam. A miña área de interese é a filosofía da linguaxe. Intrígame particularmente o comportamento peculiar exhibido polos usos avaliativos da linguaxe, que tento explicar a través dun marco semántico que combina elementos relativistas e expresivistas.