Departamento: Departamento de Química Inorgánica

Facultad: Facultade de Química

Centro singular: Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)

Área: Química Inorgánica

Grupo de investigación: INCTB Inhibidores Enzimáticos e Ferramentas Químicas en Bioloxía

Correo: miguel.vazquez.lopez@usc.es

Teléfono: +34 881815738

Dirección: Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS)

Web persoal: https://www.usc.es/ciqus/en/staff/miguel-vazquez-lopez

Persoa: MIGUEL VAZQUEZ LOPEZ

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Síntesis de helicatos metálicos con bases de Schiff polidentadas 2001. Dirixida por Dr. Manuel R. Bermejo Patiño, Dr/a. Antonio Sousa Alonso.

Obtiven a licenciatura en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1996. En 1999 obtiven unha bolsa predoutoral da Fundación Segundo Gil Dávila e unha axuda da USC para unha estancia de 3 meses na Università degli Studi di Firenze (Italia) con Dante Gatteschi (materiales moleculares magnéticos). Doutoreime en Química na USC en 2001, seguido dunha estancia posdoutoral de 5 meses en Firenze co Prof. Gatteschi (Fundación Segundo Gil Dávila/Xunta de Galicia). En 2002 gocei dunha bolsa posdoutoral USC–Xunta de Galicia na USC (Química Inorgánica) e, posteriormente, dunha bolsa posdoutoral da UE para unha estancia de 21 meses con Luigi Fabbrizzi (Università di Pavia, Italia) na RTN “Molecular Level Devices and Machines”, desenvolvendo sensores para aniones y cationes (5 artículos; 1º autor en Angew. Chem. Int. Ed.; 226 citas). En 2004 obtiven un Contrato Parga Pondal (Xunta de Galicia) na Universidade de Vigo. En 2006 obtiven un Contrato Ramón y Cajal e regresei á USC, iniciando a miña investigación en Química Biológica. Ademais, realicei estancias como Investigador Visitante Invitado na Università di Pavia (2005, 3 meses), EPFL (Suiza, 2009, 2 meses) e Trinity College Dublin (Irlanda, 2019, 2 meses). En 2011 obtiven a praza de Profesor Titular de Química Inorgánica na USC e fun nomeado IP no CiQUS; desde 2024 son Catedrático de Universidade de Química Inorgánica na USC. Como IP, obtiven financiamento competitivo continuado desde 2006 (15 proxectos; 1,3M € totales) e financiamento ininterrompido do Plan Nacional desde 2009. Desde xaneiro de 2025 son IP da International Research Network on Nucleic Acid Junctions financiada polo CNRS (con David Monchaud e Michael J. Hannon) e lidero un proxecto do Plan Nacional de 3 anos con inicio o 1/1/2026 (PID2024-161483NB-I; 200K €). A miña proxección internacional reflíctese en keynotes, charlas invitadas e comunicacións orais en reunións de prestixio (IMAJ#1, MSMLG’22, ECC-9, ISMSC, EuroBIC), así como en seminarios convidados en universidades europeas de referencia (Università di Pavia, University of Birmingham, Dublin City University e Trinity College Dublin). Manteño colaboracións activas con Ramón Vilar (Imperial College London), Andrew Kellett (Dublin City University), Vicente Marchán (Universitat de Barcelona), Jean-Didier Maréchal e Gonzalo Guirado (Universitat Autónoma de Barcelona), Ignacio Alfonso (IQAC-CSIC), Ana Pizarro (IMDEA), Paul Lusby (University of Edinburgh), Peter Faller (University of Strasbourg) e Félix Freire (Universidade de Vigo). Na USC colaboro co IDIS (Oncología Médica Traslacional; Miguel Abal e Luis León), co CiMUS (Anxo Vidal, Miguel González, Mabel Loza) e tamén con compañeiros do CiQUS (M. Eugenio Vázquez, José Martínez-Costas, Concepción González-Bello, María Giménez e José L. Mascareñas). Dirixin 8 teses doutorais, 15 teses de máster e 21 traballos de fin de grao, e actualmente dirixo 3 teses doutorais, 1 tese de máster e 2 traballos de fin de grao. En xestión e servizo académico, formei parte da xunta do Grupo de Biología Química (RSEQ) (2012–2016), participei no panel nacional da convocatoria Ramón y Cajal 2021, e son membro do Comité Académico do Máster CHEBIO&MAT (USC), do Comité Executivo de EDIUS e da xunta directiva de AEBIN. Son coautor de 63 artigos en revistas JCR (40 Q1), incluíndo 21 como autor de correspondencia (17 Q1), en revistas internacionais de primeiro nivel como J. Am. Chem. Soc. (2), Angew. Chem. Int. Ed. (3), Chem. Sci. (2) ou Chem. Commun. (7), ademais de 2 capítulos de libro e un libro sobre divulgación científica. Cinco dos meus artigos como autor de correspondencia foron portada da revista (Chem. Eur. J., Chem. Commun., Dalton Trans., Chem. Sci. e J. Am. Chem. Soc.). A miña produción recibiu 1.927 citas (H-index: 26) e teño recoñecidos 4 sexenios.