Luis M. Varela
Catedrático de universidade
Departamento: Departamento de Física de Partículas
Facultad: Facultade de Física
Instituto: Instituto de Materiais (iMATUS)
Agrupación estratéxica de I+D+i: Agrupación Estratéxica en Materiais (AEMAT)
Universidad: Universidade de Santiago de Compostela
Área: Física da Materia Condensada
Grupo de investigación: NaFoMat Grupo de Nanomateriais, Fotónica e Materia Blanda
Correo: luismiguel.varela@usc.es
Teléfono: +34 690371220
Dirección: Lg. Queiroal, 2. 15898.Santiago de Compstela
Web persoal: https://www.usc.gal/es/departamento/fisica-particulas/dir...
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Estudio teórico del equilibrio y del transporte de fluidos cargados complejos en la aproximación de campo medio 2000. Dirixida por Dr/a. Manuel García Sánchez, Dr. Víctor Mosquera Tallón.
Luis Miguel Varela (Lugo, 1972) licenciouse en Física pola Universidade de Santiago en 1995 e en Dereito pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en 2000. Doutorouse en Ciencias Físicas (con premio extraordinario) pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2000, onde na actualidade é catedrático do seu Departamento de Física de Partículas (Área de Física da Materia Condensada). A súa docencia centrouse na termodinámica, na mecánica estatística e na análise de datos estatísticos, así como na econofísica e na termodinámica das enerxías renovables. Os seus intereses de investigación céntranse na mecánica estatística de sistemas complexos, especialmente en fluídos cargados complexos, e máis especificamente en líquidos iónicos, así como en redes complexas e nas súas aplicacións en epidemias, sistemas socioeconómicos, desenvolvemento interrexional, etc. En concreto, traballa nas propiedades de fluídos iónicos e ionoxeles como electrólitos avanzados para o almacenamento de enerxía electroquímica e eléctrica (baterías, supercondensadores, pilas de combustible, membranas de electrolizadores…) e tamén como medios activos en dispositivos fotónicos. Realizou tamén contribucións no eido do almacenamento de enerxía térmica e dos fluídos térmicos. É autor ou coautor de máis de 160 artigos, capítulos e monografías nestes ámbitos, e de máis de 120 comunicacións a congresos, tendo dirixido 13 teses doutorais e máis de corenta teses de grao e mestrado, e coordinado proxectos rexionais, nacionais e europeos, así como contratos de investigación con industrias e coa Administración pública. Ademais, é inventor de varias patentes no campo dos dispositivos de captación de enerxía e dos materiais para aplicacións enerxéticas. Na actualidade mantén colaboracións activas de investigación e docencia con investigadores de diferentes universidades e centros de investigación, incluíndo Cambridge, Oxford, A Sorbona, Viena, Milán, Marburgo, Gotemburgo, o Instituto Helmholtz de Münster, O Porto ou Nápoles, entre outros. Foi decano da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela desde 2010 ata 2018, e coordinou os seus programas de Mestrado en Física e Mestrado en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética da USC, así como o seu programa de Doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética. Coordinou tamén a Rede Galega de Líquidos Iónicos, e é presidente fundador da Sociedade Europea de Materia Iónica (www.web-esim.eu ), que integra máis de 60 investigadores de diferentes universidades e centros de investigación nacionais e europeos. Na actualidade coordina o Grupo de Nanomateriais, Fotónica e Materia Branda da USC. É membro das principais plataformas europeas sobre baterías (Batteries Europe, Battery 2030+) e asesora á Xunta de Galicia sobre a estrutura e as perspectivas do sector do almacenamento de enerxía e sobre o despregamento das tecnoloxías do hidróxeno. Así mesmo, é fundador do Seminario Permanente de Transición Enerxética e Competitividade Industrial (SPERTUS), que integra especialistas das máis diversas disciplinas (ciencias, enxeñaría, economía, dereito, seguridade, cultura e humanidades…) nos diferentes aspectos da captación, almacenamento e transporte de enerxía e da eficiencia enerxética. É tamén director técnico da Asociación Galega do Hidróxeno e vicepresidente da rede Silkway de universidades para as relacións Europa-Asia en materias como a enerxía e o desenvolvemento sustentable, promovida polas universidades de Milano-Bicocca e Santiago de Compostela, constituída en 2022 e composta por investigadores de universidades europeas e asiáticas.