Institut: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Fakultät: Facultade de Ciencias da Educación

Bereich: Theorie und Geschichte der Erziehung

Forschungsgruppe: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa

Persönliche Website: https://www.usc.es/esculca/

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Sección: Ciencias da Educación) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) (1991). Na súa traxectoria académica, gozou de diferentes axudas de carácter competitivo: Bolsa de Colaboración (1989-1991) no Departamento de Didáctica e Organización Escolar, Bolsa de formación predoutoral da Xunta de Galicia (1993-1996) no Departamento de Teoría e Historia da Educación da Facultade de Ciencias da Educación (USC). Estivo vinculada ao Instituto de Ciencias da Educación da USC desde 2002 a 2009, primeiro como Bolseira de Investigación e posteriormente como Persoal contratado con cargo a proxectos. Desde 2011 ocupou unha praza como Profesora Interina de Substitución por vacante no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da USC, estabilizándose á categoría de Profesora Laboral Fixa en marzo de 2023. As súas liñas de investigación son: aprendizaxe-servizo e competencias na educación superior, educación familiar, implicación familiar na escola e maltrato infantil intrafamiliar. Forma parte do Grupo de Investigación ESCULCA da USC (Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Galego de I+D+i) que obtivo o 1º Premio Nacional de Investigación Educativa 2007 co Proxecto "Familias inmigrantes en Galicia: a dimensión socio-educativa da integración", e que tamén recibiu o Premio María Barbeito de Educación en Galicia á Investigación Pedagóxica 2012 (3ª edición) polo traballo "O rendemento escolar do alumnado procedente da inmigración en Galicia. Un programa de optimización para familias e centros de ensino". Así mesmo, pertence á Rede de Inmigración, Escola e Sociedade (RIES), integrada por 7 grupos de investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e á Rede de Excelencia “Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento” (MINECO), na que participan 7 universidades, e ao Grupo de Innovación Docente PAIDEIA. Tamén participou de forma continuada en numerosos proxectos de investigación, concedidos mediante concorrencia competitiva, tanto a nivel autonómico como nacional e europeo, así como contratos de I+D+i con administracións públicas. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais, con máis de 40 contribucións, e colaborou en 18 obras colectivas. É autora de varios artigos, coautora de 3 guías sobre Implicación familiar e rendemento académico en educación primaria (USC, 2020) e coordinadora do Informe A Infancia en Galicia 2018 (UNICEF, 2018).