CAAMAÑO ISORNA
FRANCISCO
Catedrático de universidade
Departamento: Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Facultad: Facultade de Farmacia
Instituto: Instituto de Psicoloxía (IPsiUS)
Área: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Grupo de investigación: ESPASS Epidemioloxía, Saúde Pública e Avaliación de Servicios de Saúde
Correo: francisco.caamano@usc.es
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Condicionantes da calidade da prescrición en atención primaria 1999. Dirixida por Dr. Juan Jesús Gestal Otero, Dr. Adolfo Figueiras Guzmán.
Doutor en Farmacia pola USC e Máster en Deseño e Estatística para as Ciencias da Saúde pola Universitat Autònoma de Barcelona, Francisco Caamaño Isorna realizou estancias en institucións tan diversas como a Organización Panamericana de Salud en Buenos Aires, o Policlinico Universitario Fondazione Agostino Gemelli en Roma, ou a Virginia Commonwealth University en Richmond. A súa actividade investigadora céntrase na farmacoepidemioloxía e consumo de alcohol. En relación coa primeira liña, a investigación orientase cara ao estudo dos factores asociados á prescrición e á dispensación de medicamentos. En canto á segunda liña, os seus estudos diríxense a identificar os factores explicativos dos consumo en universitarios e e as súas consecuencias. Ten sido IP de múltiples proxectos, contratos e convenios. Con relación á súa actividade de xestión universitaria, cabe citar que foi Coordinador do Máster de Saúde Pública, Director da Cátedra Institucional de Vida Saudable e, dende o ano 2018 é o Director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina.