
CARMEN DENEBOLA
ALVAREZ SEOANE
Profesora axudante doutora
Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Facultad: Facultade de Ciencias da Educación
Área: Didáctica e Organización Escolar
Grupo de investigación: Stellae Grupo de investigación Stellae
Correo: carmen.alvarez.seoane@usc.es
Web persoal: https://stellae.usc.es/gl/integrantes/#members
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Materiais didácticos en soporte impreso e dixital elaborados con apoio da administración local. Estudo prospectivo e descritivo na provincia da Coruña 2019. Dirixida por Dr. Jesús Rodríguez Rodríguez.
Mestra especialista en Educación Física (2007) pola UDC, completou a súa formación coa Licenciatura en Pedagoxía (2009) pola USC (Premio Fin de Carreira). Durante o último ano disfrutou dunha Bolsa de Colaboración (2009) do Ministerio de Educación para iniciarse na investigación que desenvolveu vinculada ao Museo Pedagóxico de Galicia. Especialízase no Máster Universitario en Procesos de Formación (2010, USC). Recibe unha Bolsa de Investigación da Deputación da Coruña (2011) e, posteriormente, obtén un contrato de investigación predoutoral (2011-2014) vinculado á liña de axudas do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (Plan I2C). Realiza dúas estancias de investigación internacional: no Núcleo de Pesquisa em Publicaçôes Didáticas da Universidade Federal do Paraná (2012 – Curitiba, Brasil) e na Faculty of Education and Welfare Studies de Åbo Akademi University (2014 – Vaasa, Finlandia). En 2019 culmina a tese “Materiais didácticos en soporte impreso e dixital elaborados con apoio da administración local. Estudo prospectivo e descritivo na provincia da Coruña” con Sobresainte Cum Laude e Mención Internacional. Entre 2011 e a actualidade participa en varios proxectos de investigación con financiación nancional e internacional sobre o libro de texto dixital, materiais didácticos e boas prácticas en educación. Forma parte de varias redes de investigación e profesionalización: Stellae, Cavila (NEG), IARTEM, REUNI+D e RINEF-CISOC. Exerceu como docente, técnica de recursos humanos, divulgadora científica, asesora de formación e redactora de propostas didácticas. Dende 2024 é Profesora Axudante Doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (área de DOE) na Facultade de Ciencias da Educación da USC.