Departamento: Departamento de Economía Aplicada

Facultad: Facultade de Administración e Dirección de Empresas

Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

Área: Historia e Institucións Económicas

Grupo de investigación: GESPIC Grupo de Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio

Correo: damian.copena@usc.es

Dirección: Facultade de Administración e Dirección de Empresas (Lugo)

Doutor pola Universidade de Vigo coa tese Enerxía eólica e medio rural unha análise aplicada dos impactos socioeconómicos dos parques eólicos no mundo rural galego 2015. Dirixida por Dr/a. Xavier Simón Fernández.

Profesor Permanente Laboral no Departamento de Economía Aplicada dentro da área de Historia e Institucións Económicas. Está adscrito á Facultade de Administración e Dirección de Empresas que se localiza no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. Forma actualmente parte do Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria Comercio (GESPIC) e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). Ten realizado estadías en centros de referencia internacional, como os dous anos no Instituto Superior de Agronomia da Universidade de Lisboa. Dentro das súas liñas de investigación principais pódense destacar o estudo histórico das industrias rurais, en especial as relacionadas coa apicultura, a análise histórica dos impactos das enerxías renovables no mundo rural ou a dinamización do monte a partir da acción colectiva (con traballos sobre os montes veciñais). Nos últimos anos ten recibido seis premios de investigación polas súas publicacións e proxectos, como o Valentín Paz Andrade de investigación en Economía de Galicia. É autor de máis de 20 artigos en revistas inseridas dentro do JCR, contando ademais con outros artigos en publicacións con revisión de pares, así e como diversos libros e capítulos de libro