1. Fertilidade do solo, fertilización e diagnose nutricional a través da análise de solos e vexetación.
2. Efectos do manexo do solo. Medidas de conservación.
3. Ciclos bioxeoquímicos e da materia orgánica.
4. Papel do solo no cambio climático: biodiversidade de microorganismos e gases de efecto invernadoiro.
5. Contaminación do solo por metais pesados e contaminantes emerxentes. Restauración e descontaminación de solos e augas.
6. Revalorización de residuos e subprodutos no ámbito agroforestal e ambiental.
7. Avaliación de impactos do lume no solo e restauración de áreas queimadas.
8. Solos tropicais.
Planificación e xestión forestal
1. Modelización do crecemento e a produtividade forestal: modelos de árbore individual e de rodal, calidade da estación, tarifas de cubicación con clasificación de produtos, de biomasa e de contido en carbono, competencia, etc.
2. Inventario e monitorización dos recursos forestais: LiDAR aéreo e terrestre, satélites, UAV e inventarios de campo.
3. Optimización e toma de decisións multicriterio a nivel rodal e monte: programación lineal, enteira e mixta, técnicas heurísticas, métodos diferenciables, AHP e outros.
4. Silvicultura: especies atlánticas de alto crecemento, plantacións enerxéticas e métodos de cuberta forestal continua.
5. Outros aproveitamentos do monte: produción micolóxica.
6. Ordenación de montes: zonas protectoras, espazos naturais protexidos, pequena propiedade e agrupacións.
7. Certificación forestal: impactos ambientais, sociais e económicos.
8. Desenvolvemento de aplicacións informáticas de axuda ao inventario e á toma de decisións na planificación da xestión forestal.
Propiedades e aplicacións da madeira
1. Influencia da silvicultura e a estación forestal na calidade da madeira.
2. Caracterización física da madeira procedente de cultivos clonais.
3. Influencia dos fungos cromóxenos nas propiedades da madeira.
4. Simulación numérica por elementos finitos da capacidade de resistencia da madeira para a construción.
5. Optimización e cálculo de estruturas de madeira e as súas unións.
6. Caracterización mecánica de madeira con fins estruturais.
7. Aplicación de técnicas non destrutivas para avaliación da madeira estrutural.
8. Estudo de comportamento de sistemas estruturais de madeira mediante ensaios mecánicos.
9. Aplicación de técnicas de fotogrametría (Correlación dixital de imaxes DIC) para estudo do comportamento da madeira estrutural.
10. Desenvolvemento de produtos innovadores para a construción en madeira.
11. Avaliación do encolado en produtos de madeira técnica.
12. Formación especializada en cálculo de madeira estrutural.
13. Estimación da pegada de carbono en produtos estruturais de madeira.
Sanidade forestal
1. Efectos dos insectos prexudiciais na calidade, crecemento e produción das masas forestais.
2. Especies invasoras.
3. Dinámica de poboacións de insectos forestais: efectos da temperatura, calidade nutritiva e sistema defensivo das plantas, microorganismos e fauna asociada no crecemento, supervivencia e reprodución de insectos forestais, especialmente no contexto actual de cambio global.
Incendios forestais
1. Modelización da humidade de combustibles mortos e determinación de patróns estacionais de variación da humidade de combustibles vivos en formacións vexetais arboradas e non arboradas.
2. Modelización de características estruturais do complexo de superficie determinantes da súa inflamabilidade e combustibilidade.
3. Modelización de características estruturais do dosel arbóreo determinantes do risco de inicio e de propagación do lume polas copas.
4. Catalogación de “situacións de combustible” en base aos criterios da “Fotoguía de combustibles forestales de Galicia y comportamiento del fuego asociado”.
5. Avaliación da efectividade de tratamentos silvícolas na redución do comportamento do lume.
6. Teledetección aplicada aos incendios forestais.