Grupo de Investigación en Neurociencia Cognitiva e Afectiva.

O grupo de Neurociencia Cognitiva e Afectiva da Universidade de Santiago de Compostela (USC), coordinado actualmente por Socorro (Coqui) Rodríguez Holguín, desenvolve a súa actividade no marco do Instituto de Psicoloxía da USC (IPsiUS). Conta con membros do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, o Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, e o Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía. Interésase polas bases neurais dos procesos cognitivos e afectivos en poboación normal e de alto risco a condicións psicopatolóxicas, coa intención última de transferir coñecemento ao ámbito sanitario. Na actualidade, as súas principais liñas de investigación oriéntanse ao estudo dos efectos do consumo de alcohol en mozos e mozas; á caracterización do avellentamento neurocognitivo en poboación sa, a vulnerabilidade cognitiva á depresión e o estudo da interacción entre procesos cognitivos e afectivos. O funcionamento neurocognitivo investígase desde diferentes niveis de análise, mediante o rexistro da actividade eléctrica cerebral (EEG/PE), imaxe por resonancia magnética (IRMf) e a avaliación neuropsicolóxica. Ocasionalmente, tamén utilizamos outras técnicas, como o seguimento de movementos oculares ou a MEG (grazas á colaboración con outros laboratorios) a MEG.

Tamén forma parte da agrupación de Neurociencia Cognitiva dentro da área de Neurociencias do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

Investigadores/as

beta Especialidades predominantes (top 9) Obtido de publicacións help
Obtido de publicacións

As especialidades temáticas mostradas obtivéronse mediante a aplicación de modelos de intelixencia artificial, obtidos como resultado do Proxecto Hércules daquelas publicacións con resumo, sempre que o rexistro non proceda de bases de datos comerciais, que aplican restricións ao uso dos datos.

A listaxe pode conter erros. En fase de avaliación e mellora. Compartido para recoller suxestións da comunidade.

  1. Education (Social Sciences) Filtro
  2. Developmental and Educational Psychology (Psychology) Filtro
  3. Psychiatry (Medicine) Filtro
  4. Social Psychology (Psychology) Filtro
  5. Applied Psychology (Psychology) Filtro
  6. Cognitive Neuroscience (Neuroscience) Filtro
  7. Community and Home Care (Nursing) Filtro
  8. Experimental and Cognitive Psychology (Psychology) Filtro
  9. Information Systems (Computer Science) Filtro

Compoñentes noutros momentos (17)