Hexemonía e maxiaa pedra filosofal das narrativas transmedia na era 'fanfiction'

  1. Veiga Izaguirre, Marta
Supervised by:
  1. Elena Freire Paz Director
  2. Pedro Tomé Martín Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Year of defence: 2024

Type: Thesis

Abstract

De como unha narrativa que bebe das fontes dos contos marabillosos devén en cultura pop da modernidade transmedia. Esta investigación ten como obxectivo comprobar como idénticos mecanismos aos da transmisión da literatura de tradición oral nas sociedades campesiñas funcionan na cultura pop transmoderna a través de ferramentas como a creación 'fanfiction'. Asemade, pretende definir a súa concorrencia para as culturas e linguas minorizadas nun contexto de anglocentrismo, globalización e colonialismo cultural. Xorde esta pescuda dunha ollada de cinco lustros con lentes de xornalista cara aos fenómenos da cultura de masas. Toda vez que estamos a falar de comunidades de fans, as ciencias da comunicación revélanse insuficientes, ao igual que a análise literaria, e imponse engadir unha perspectiva antropolóxica.