Estudo da validez preditiva das Queixas Cognitivas Subxectivas ao longo do continuo do envellecemento

  1. Felpete López, Alba
Dirixida por:
  1. Onésimo Juncos Rabadán Director
  2. María Campos Magdaleno Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 2024

Tipo: Tese

Resumo

A presenza de Queixas Cognitivas Subxectivas (QCS) é un criterio básico para o diagnóstico do Declive Cognitivo Subxectivo (DCS), sen embargo, ata o momento non se estableceu un procedemento estándar para diferenciar as QCS normativas das non normativas. O obxectivo xeral desta investigación é analizar a validez de marcadores sociodemográficos, saúde biofísica, cognitivos e socio-afectivos para predicir a progresión do declive cognitivo ao longo do continuo de envellecemento normativo e patolóxico. Para isto, téñense en conta as variacións entre grupos de persoas con QCS, así como a severidade das queixas sobre a base de criterios psicométricos extremos baseados na distribución por idade das puntuacións obtidas nun cuestionario