Ideas, propostas e debates sobre a lingua (1916-1936)2. A demanda da norma
- Henrique Monteagudo ed. lit.
- María Dolores Sánchez Vales ed. lit.
Verlag: Real Academia Galega
ISBN: 978-84-17807-26-9
Datum der Publikation: 2023
Art: Buch
Zusammenfassung
As dúas décadas que van de 1916 a 1936 adoitan considerarse unha etapa sobranceira no desenvolvemento da nosa lingua e cultura, que en boa parte foi protagonizado xustamente polas Irmandades da Fala, Nós e o Seminario de Estudos Galegos. No plano lingüístico, o obxectivo fulcral de toda aquela constelación político-intelectual galeguista foi a resignificación do galego, erguelo da condición dialectal ao status de lingua nacional, distinta ao castelán e irmá do portugués. O que quedou como froito histórico do seu labor foron a modernización e habilitación do galego como lingua de cultura; a súa consagración como lingua oficial no Estatuto de Autonomía e a primeira tentativa institucional da súa codificación. Damos agora ao prelo en dous volumes unha recompilación de escritos sobre o idioma producidos desde 1916 a 1936. No primeiro volume recóllense textos referentes ao status social, cultural e político do galego. Neste segundo ,reúnense outros referidos ao seu cultivo e elaboración, con atención especial ás achegas referidas aos problemas do desenvolvemento e fixación do galego escrito.