A investigación no ILG (1971–1990) e a importancia do ALGa na estandarización da lingua galega

  1. Fernández Rei, Francisco 1
  1. 1 Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela.
Revista:
Estudios Hispánicos: Universidad de Wrocław (Polonia)

ISSN: 2084-2546

Ano de publicación: 2023

Número: 31

Páxinas: 21-37

Tipo: Artigo

DOI: 10.19195/2084-2546.31.2 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Estudios Hispánicos: Universidad de Wrocław (Polonia)

Resumo

A comezos da década de 1960 Dámaso Alonso e A. Zamora Vicente queixábanse do considerable atraso nos estudos do galego moderno. Neste artigo referireime, en primeiro lugar, á superación dese atraso con investigacións, sobre todo, do galego oral, e coa súa difusión entre os romanistas, en que tivo un papel fundamental o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela, na xeira do seu ideador e primeiro director Constantino García (1971–1990). Despois dunhas notas sobre a incipiente questione della lingua galega, coa publicación a comezos da década de 1970 das normas da Real Academia Galega (RAG) e do manual Gallego 1 do ILG, centrareime no intento de salvar esa questione co texto conciliador Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977) para o que se tivo en conta o material inédito do Atlas Lingüístico Galego nas propostas morfolóxicas e nalgunhas propostas léxicas, que foron o alicerce da normativa vixente elaborada no 1982 polo ILG e a RAG.