Quen foi o descubridor do osíxeno?
- Manolo Bermejo Patiño
- Sandra Fernández-Fariña
- Ana M. González Noya
- Marcelino Maneiro Maneiro
- M. Isabel Velo-Heleno
ISSN: 0214-7807
Year of publication: 2024
Year: 37
Issue: 97
Pages: 77-88
Type: Article
More publications in: Boletín das ciencias
Abstract
A importancia do uso da historia da ciencia na didáctica da aula é, hoxe, un feito incuestionable. Pero utilizamos, coa frecuencia que debemos, os feitos gloriosos das nosas ciencias para ensinarlle ao noso alumnado como se constrúe o pensamento científico? Que é e que significa, hoxe, o feito do descubrimento científico? Estamos en condicións de adscribir a alguén a paternidade dun descubrimento científico determinado? Distinguimos ben entre descubrimentos científicos e descubridores? Neste artigo meditamos sobre estas preguntas e tratamos de buscar resposta, utilizando un feito transcendental da ciencia, á pregunta de, quen foi o descubridor do elemento químico con Z= 8, chamado Osíxeno. A resposta desta pregunta, aparentemente tan sinxela, hanos abrir as portas para aproximarnos á busca de respostas a outras preguntas da historia da ciencia relacionadas co feito do descubrimento científico ou, cando menos, abrir un debate sobre a busca entre todas e todos desas respostas.