Os SPIONs e as súas aplicacións

  1. Ana M. González-Noya
  2. Manuel R. Bermejo
  3. Marcelino Maneiro
  4. Rosa Pedrido Castiñeiras
Revista:
Boletín das ciencias

ISSN: 0214-7807

Ano de publicación: 2023

Ano: 36

Número: 95

Páxinas: 83-99

Tipo: Artigo

DOI: 10.54954/202395083 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Boletín das ciencias

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

Resumo

A xeración dos novos materiais que están a aparecer e, de modo especial, os nanomateriais están abrindo as portas da transformación das industrias da actualidade e, tamén, a transformación das nosas propias vidas. Fálase de familias de novos materiais moito máis eficaces, como os bidimensionais: grafeno, grafino, carbinos, siliceno, xermaneno, estanneno, fosforeno, arseneno, antimoneno, bismuteno, disulfuro de molibdeno, borofeno, fluoreno, etc. Todos eles, hoxe, xa están sintetizados, son ben coñecidos e dadas as súas extraordinarias propiedades, estanse estudando para a súa utilización na vida actual. Entre estes novos materiais destacamos de modo moi especial os nanomateriais: os metamateriais, materiais artificiais con propiedades electromagnéticas inusuais; as teas de araña, máis resistentes que os cables de aceiro e moito máis flexíbeis; a nanocelulosa, moito máis forte que os plásticos actuais, moi semellante na súa utilización ao grafeno pero que, a diferenza del, é biodegradable; etc. Todos estes e moitos outros materiais están xa aquí chamando á nosa porta para seren utilizados na industria e na tecnoloxía, pero aínda quedan algúns anos para se facer cun oco na vida ordinaria. Neste artigo queremos presentar outro grupo de Nanomateriais Inorgánicos os, SPIONs, que representan a máis moderna achega, dende o mundo da química inorgánica, ao fascinante mundo dos Nanomateriais Inorgánicos.