Achegas ao estudo da ilustración dos Salmos Penitenciais nos libros de horas manuscritosxestión e explotación dun corpus de miniaturas

  1. Cabada Giadás, María Cristina
Supervised by:
  1. Rocío Sánchez Ameijeiras Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Year of defence: 2024

Type: Thesis

Abstract

Un dos obxectivos da presente tese foi elaborar un instrumento que contribuíse ao coñecemento sobre a iluminación dos Salmos Penitenciais -unha das seccións habituais dos libros de horas- sustentándoo na análise cuantitativa e cualitativa dun corpus extenso de miniaturas e na elaboración dun catálogo de imaxes. Os datos estatísticos obtidos a partir dunha descrición das escenas máis utilizadas nas ilustracións compiladas serviron para trazar un panorama global da iluminación dos Salmos Penitenciais nos libros de horas. O emprego dunha descrición máis detallada aplicada á imaxe do rei David en actitude devota así como a consideración das miniaturas á luz da literatura e a doutrina sobre a penitencia permitiron realizar algunhas achegas á interpretación destas imaxes.