Análise xenética-poboacional da variabilidade na gravidade da COVID-19

  1. Diz de Almeida, Silvia
Dirigida por:
  1. Raquel Cruz Guerrero Director/a
  2. Ángel Carracedo Álvarez Director

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Año de defensa: 2024

Tipo: Tesis

Resumen

A enfermidade da COVID-19 mostra unha gran variabilidade fenotípica entre os individuos, podendo manifestarse na forma asintomática ou progresar ata un estado crítico. Algúns dos factores de risco máis relevantes son o sexo, a idade e a presencia de antecedentes clínicos. Non obstante, parte desta variación tamén pode atribuírse á base xenética dos hóspedes, influíndo tanto na susceptibilidade á infección como na resposta do sistema inmune. Ademais, a arquitectura xenética da enfermidade podería ser variable entre as poboacións. Os obxectivos desta tese foron abordar esas cuestións. No marco do proxecto SCOURGE, establecido en 2020, recolléronse datos clínicos e xenéticos de máis de 10.000 pacientes de España e Latino-América. Por unha banda, buscouse investigar e identificar os determinantes xenéticos que actúan na predisposición á COVID-19 grave a través de estudos de asociación de xenoma completo (GWAS) en ambas as poboacións. Ademais de confirmar a asociación de xenes xa coñecidos, identificáronse asociacións novas en xenes como AQP3, UPK1A, DDIAS ou BAZ2B. Posteriormente, construíronse índices de risco polixénico (PRS) e avaliouse a súa capacidade para predicir a hospitalización por COVID-19, prestando especial atención á xeneralización a poboacións non europeas e a unha potencial aplicación clínica.