Contribuciones en osteonecrosis maxilar secundaria al consumo de antiresortivos: prevención y biomarcadores

  1. Lorenzo Pouso, Alejandro Ismael
Dirixida por:
  1. Abel García García Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 2024

Tipo: Tese

Resumo

Introdución e obxectivos: De acordo coa definición de consenso proposta pola American Association of Oral and Maxillofacial Surgeons (AAOMS), considérase que un paciente ten osteonecrose dos maxilares asociada a fármacos (ONM) se está a recibir ou recibiu tratamento con medicamentos antiresortivos ou antiangiogénicos, presenta óso exposto ou fistulación intraoral ou extraoral na rexión maxilofacial que se comunica co óso, e persiste por máis de 8 semanas, sen antecedentes de radioterapia orofacial ou evidencias de enfermidade metastásica maxilar. Aínda non se chegou a un consenso sobre diversos temas en relación con esta patoloxía, especialmente en termos de prevención. Neste sentido, dous dos pilares preventivos para esta patoloxía pasan polo coñecemento exhaustivo dos seus factores de risco e a identificación de biomarcadores de utilidade con valor predictivo ou pronóstico.