Fitofaladoiro
- SanLeón, David G. 1
- Blanco, Rosario Álvarez 2
Resumo
O Fitofaladoiro é un proxecto multidisciplinar desenvolvido polo Herbario SANT (na Facultade de Farmacia da USC) e o ILG. Os seus fins son varios: 1 - Recoller nomes e usos tradicionais de plantas ventureiras de Galicia. Tamén resultan de interese outros aspectos culturais relacionados coas plantas, coma a existencia de lendas, contos, refráns, crenzas, xogos, etc. 2 - Aprender a crear un herbario. 3 - Recoller elementos culturais que están a desparecer; formentar o respecto polos saberes tradicionais e a Natureza; fomentar o diálogo interxeracional, entre os nenos e as persoas maiores. 4 - Mostrar as posibilidades do galego no contexto das ciencias naturais. En principio, o proxecto está dirixido ós alumnos dos centros de Ensino Medio e do Bacharelato de Galicia. Neles preténdese involucrar tanto ós profesores de lingua galega coma os profesores de ciencias naturais, promovendo a comunicación entre as ramas do saber das Humanidades e das Ciencias Naturais. Mais o proxecto tamén está aberto á colaboración de asociacións culturais, en xeral, ou de persoas interesadas en colaborar de xeito individual.