Erudición e ilustraciónEstudos sobre Martín Sarmiento
- Henrique Monteagudo coord.
Editorial: Consello da Cultura Galega
ISBN: 9788417802646
Ano de publicación: 2024
Congreso: Simposio Martín Sarmiento (1. 2022. Santiago de Compostela)
Tipo: Libro
Resumo
Coincidindo co 250º cabodano de Martín Sarmiento (1695-1772), en 2022 viñeron a lume os volumes I e V da Obra de 660 pliegos, que completaban a edición do texto deste oceánico escrito, iniciada en 2008 coa publicación dos volumes II, III e IV. Co gallo desta efeméride, o Consello da Cultura Galega, padroeiro do proxecto «Obras de Martín Sarmiento», organizou un encontro científico arredor da súa obra co título Simposio Martín Sarmiento. De historia natural e de todo xénero de erudición. Neste volume ofrécense as contribucións dos especialistas que participaron nese simposio. Na Obra de 660 pliegos, coa súa extensión desconforme, a súa enciclopédica variedade e a súa encerellada (des)organización, Sarmiento intérnase nunha boa presada de asuntos dos menos estudados dentro do vasto abano dos seus intereses: poboación, economía, agricultura, gandaría e pesca, comercio e industria, botánica e mineraloxía, medicina e farmacia, potabilización da auga do mar, cálculo da lonxitude terrestre, matemáticas, historia literaria, antigüidades etc. Sen pretensión de tocar todos eses asuntos nin tampouco de cinxirse a eles, a ducia de traballos que compoñen este volume, escritos por especialistas en distintas ramas do saber, ofrecen unha serie de achegas sobre a súa figura e a súa produción que constitúen reveladoras incursións no magno continente Sarmiento, un continente con amplas rexións aínda pendentes de exploración.