Traballos de fin de grao con perspectiva de xénero nas disciplinas CTEM
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
- Águeda Gómez Suárez (coord.)
- Ana Neira Pena (coord.)
- Marta Pérez Pereiro (coord.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade de Vigo
ISBN: 978-84-8158-975-7
Ano de publicación: 2023
Páxinas: 293-302
Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (8. 2023. Vigo)
Tipo: Achega congreso
Resumo
Nos últimos anos impulsouse a integración da perspectiva de xénero nos contidos da investigación e a innovación, principalmente a través do programa Horizonte 2020. Dado que o traballo de Fin de Grao é o primeiro contacto do estudantado universitario coa investigación, pretendemos coñecer cal é o nivel de implantación da perspectiva de xénero nestes trabal los. Para iso revisamos os premios que conceden as tres universidades públicas galegas, centrándonos nas disciplinas CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) máis masculinizadas, como por exemplo as enxeñerías. E desta análise concluímos por unha banda que a perspectiva de xénero pode aplicarse a todas as disciplinas CTEM, desde a Estatística á Enxeñería Informática. Pero tamén que hai reticencias para a súa integración nos traballos de fin de grao. Por iso, eremos que deben visibilizarse os traballos que a integran nos repositorios universitarios e tamén impulsar a súa realización con premios específicos, e recoñecementos ao profesorado e centros que os fomenten.