De Trasalba a Lourenzáa paisaxe na obra de Francisco Fernández del Riego

  1. López Sández, María 1
  1. 1 Real Academia Galega / Universidade de Santiago de Compostela
Revista:
Boletín da Real Academia Galega

ISSN: 1130-7714

Ano de publicación: 2023

Título do exemplar: Francisco Fernández del Riego

Número: 384

Páxinas: 365-375

Tipo: Artigo

DOI: 10.32766/BRAG.384.852 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Boletín da Real Academia Galega

Resumo

Como ensaísta e crítico literario, como creador e viaxeiro, Francisco Fernández del Riego puxo a paisaxe no centro da súa obra, trazando unha continuidade entre a xeración Nós e a dos 50 á que el pertenceu, e que ocupou un lugar sobranceiro no ensaísmo sobre a paisaxe en Galicia. A carón de ensaios de compañeiros de xeración como “Abrente e solpor da paisaxe”, de Celestino Fernández de la Vega, Del Riego legounos en “Panorámica da nosa paisaxe literaria”, asinado como Salvador Lorenzana (1955), unha visión transversal da literatura galega desde a perspectiva específica do tratamento da paisaxe. Neste achegamento é axiña perceptible un nesgo cara á sensorialidade que transcende o visual e unha atención moi especial cara ao elemento animal na paisaxe. En coherencia con esta perspectiva crítica, na propia produción literaria, como en O cego de Pumardedón, Del Riego opta, nunha novela na que a recreación da contorna e do espazo resulta central, por un protagonista cego, para así pór o foco sobre os outros sentidos. De xeito transversal ás súas diversas facetas é posible identificar un modo persoal e moi específico de achegamento ao territorio e á paisaxe que nos propoñemos explorar nas seguintes páxinas.

Referencias bibliográficas

  • Fernández de la Vega, Celestino (1958). Abrente e solpor da paisaxe. En: Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. Vigo: Galaxia, 103-128.
  • Fernández del Riego, Francisco (1992). O cego de Pumardedón. Vigo: Ir Indo.
  • Fitter, Chris (1995). Poetry, Space, Landscape. Toward a New Theory. Cambridge: Cambridge University Press.
  • Lorenzana, Salvador [Francisco Fernández del Riego] (1952). Onde remata o vello mundo… Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona. [Xullo de 1952], 17 e 19.
  • Lorenzana, Salvador [Francisco Fernández del Riego] (1955). Panorámica da nosa paisaxe literaria. En: Paisaxe e cultura. Vigo: Galaxia, 217-257.
  • Otero Pedrayo, Ramón (1932). Encol do elemento animal na paisaxe. Nós. 105, 158-162.
  • Otero Pedrayo, Ramón (1955). Ensaio sobor da paisaxe galega. En: Paisaxe e cultura. Vigo: Galaxia, 45-105.
  • Remarque, Erich María (1929). Im Westen nichts Neues. Berlin: Propylaen Verlag.
  • Rof Carballo, Xoán (1989 [1957]). Mito e realidade da terra nai. Vigo: Galaxia.
  • Roger, Alain (1997). Court traité du paysage. Paris: Gallimard.