Francisco Fernández del Riego, Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero, en rede

  1. Vilavedra, Dolores 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela
    info

    Universidade de Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela, España

    ROR https://ror.org/030eybx10

Revista:
Boletín da Real Academia Galega

ISSN: 1130-7714

Ano de publicación: 2023

Título do exemplar: Francisco Fernández del Riego

Número: 384

Páxinas: 169-183

Tipo: Artigo

DOI: 10.32766/BRAG.384.844 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Boletín da Real Academia Galega

Resumo

A análise de varios epistolarios que mantiveron conectado Del Riego con diversas amizades galeguistas na posguerra (nomeadamente con Cunqueiro e Carballo Calero mais non só) revela algunhas características singulares das redes colaborativas do galeguismo cultural. De carácter interxeracional, sustentadas en vencellos amicais e articuladas a partir da asunción dos principios de disciplina e lealdade, as devanditas redes poñen de manifesto a asunción dos roles que a cada quen se lle adxudicaban no grupo; no caso de Del Riego, os epistolarios permiten constatar a súa polifacecia pero tamén como desenvolveu o liderado executivo do proxecto Galaxia. Por último, un aspecto de interese non menor destes corpus radica na perspectiva que nos ofrecen sobre a construción dos vínculos afectivos e a manifestación de emocións e sentimentos nas masculinidades da época. Así, este traballo pon de manifesto a utilidade dos epistolarios como conxuntos documentais operativos moito máis alá de dinámicas privadas e bidireccionais. Ademais, nos casos que aquí se analizan, demóstrase a súa funcionalidade estrutural na construción dunha rede rizomática de relacións que permitiu o desenvolvemento na posguerra dunha cultura galeguista vizosa e diversa, na que Del Riego desempeñou unha función nodal.

Referencias bibliográficas

  • Carballo Calero, Ricardo (2006). Epistolario a Fernández del Riego. Vigo: Galaxia. Edición de Dolores Vilavedra e Montserrat Pena.
  • Cunqueiro, Álvaro (2003). Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego: 1949-1961. Vigo: Galaxia. Edición de Dolores Vilavedra.
  • Fernández del Riego, Francisco (2000). Un epistolario de Ramón Piñeiro. Vigo: Galaxia.
  • Lapa, Manuel Rodrigues (2001). Cartas a Francisco Fernández del Riego sobre a cultura galega. Vigo: Galaxia.
  • Neira Vilas, Xosé (2013). Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007. Vigo: Galaxia.
  • Seoane, Luis (2014). Luis Seoane depositado na Fundación Luis Seoane. Proxecto Epístola [web]. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
  • Tobío, Lois (2020). Lois Tobío no seu arquivo persoal. Proxecto Epístola [web]. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.