Informe de necesidades sociais de Cabo Verde Desafíos no marco da Axenda 2030 e do V Plan Director da Cooperación Galega (2023-2026)

  1. Vázquez-Rodríguez, Ana
  2. Sotelino-Losada, Alexandre
  3. Mella-Núñez, Ígor
  4. Avendaño-Carballo, Nicolás
Revista:
Proxecto de cooperación ao desenvolvemento. Aprendizaxe-Servizo e cooperación para o desenvolvemento

Ano de publicación: 2024

Tipo: Relatorio

DOI: 10347/33481 GOOGLE SCHOLAR lock_openMINERVA editor

Resumo

No presente informe, o que nos move é afondar nas esixencias sociais de Cabo Verde ás que convén prestar atención na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas, e cunha liña clara de converxencia coas prioridades transversais do V Plan Director de Cooperación Galega (2023-2026) da Xunta de Galicia.É evidente que unha reacción firme diante de necesidades inescusables mediante metodoloxías, estratexias e actuacións impulsadas dende a Academia, suporá o fortalecemento das alianzas entre institucións educativas e a propia sociedade civil, que deben camiñar sempre xuntas, dende sinais de reciprocidade, no logro dunha mellora xenuína das condicións de vida de persoas e comunidades. Non esquezamos o labor imprescindible de responsabilidade social que as universidades deben asumir coa súa contorna.En concreto, este traballo derívase da primeira fase de execución do Proxecto de cooperación galega para o desenvolvemento titulado “COOPAPS. Aprendizaxe-Servizo e Cooperación para o Desenvolvemento. Formando para a Cidadanía Global”, que se desenvolve entre setembro de 2023 e novembro de 2024. O obxectivo xeral desta iniciativa é mellorar o benestar social e a convivencia da comunidade local a través de proxectos educativos que xeren sinerxías entre Universidade e Comunidade a partir da metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS).