Outro lustro de libros en galego para a nenez e a mocidade (2015-2020)

  1. Carmen Ferreira Boo
  2. Rocío G. Pedreira
  3. Marta Neira Rodríguez

Editorial: Servicio de Publicaciones = Servizo de Publicacións ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-19679-27-7

Ano de publicación: 2023

Tipo: Libro

Resumo

Outro lustro de libros en galego para a nenez e a mocidade (2015-2020). Este volume, incluído na colección Materiais didácticos do Instituto de Ciencias da Educación da USC, recompila recensións críticas e divulgativas dunha selección de obras de literatura infantil e xuvenil, creadas en galego e traducidas ao galego. As recensións, escritas por especialistas nestas literaturas, publicáronse entre maio de 2015 e abril de 2020 na sección Elos de Lectura do xornal El Correo Gallego.Esta antoloxía de recensións estrutrúrase en dúas partes: a primeira consiste nunha orientación metodolóxica e inclúe dous artigos dirixidos ao mediador adulto, cuxa función é exercer de elo entre a infancia e a lectura; a segunda parte recompila as críticas publicadas no devandito xornal, organizadas cronolóxicamente e por xéneros: álbums ilustrados, narrativa, poesía e teatro.A literatura é un dos principais abeiros do eido cultural, un dos cimentos máis decisivos no desenvolvemento de valores persoais e sociais. O obxectivo deste traballo é achegar aos mediadores adultos as análises de obras de calidade publicadas en galego, que lles sirvan como guía para a selección de títulos e que contribúan, na escola e na casa, ao fomento da lectura dos máis pequenos.