A gobernanza e xestión do medio rural galego a comezos do século XXI; reflexións e propostas para o debate

  1. Edelmiro López Iglesias
Libro:
Galicia, un mundo rural vivo

Editorial: Universidad Internacional Menéndez Pelayo - Concello de Lalín

ISBN: 978-84-616-3786-7

Ano de publicación: 2013

Páxinas: 130-146

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

Neste texto pretendemos aportar algunhas reflexións e poñer sobre a mesa algunhas cuestións para o debate en torno ao modelo de goberno e xestión do medio rural galego. Pero para isto partimos dunha idea, polo demais nada orixinal e bastante elemental: as estruturas administrativas e de goberno constitúen un instrumento, non unha finalidade en si mesmas. Polo tanto, para abordar o tema, necesitamos ter claros previamente os trazos esenciais que definen a realidade actual do medio rural en Galiza e tamén perfilar certos aspectos clave domedio rural que queremos construir no futuro.Organizamos, pois, a exposición en tres apartados. No primeiro resumimos as notas que definen as transformacións recentes e a realidade actual do medio rural galego. Feito iso, no segundo apartado apuntamos algunhas cuestións clave sobre o seu futuro. Finalmente, con ese “telón de fondo”, no terceiro apartado ocupámonos do modelo de goberno e xestión, poñendo sobre a mesa algunhas propostas para o debate.