Coeducar na escola do século XXI reflexións e propostas educativas

  1. Milena Villar Varela
  2. María José Méndez Lois

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico ; Universidad de Santiago de Compostela

Ano de publicación: 2022

Tipo: Libro

Resumo

Por que a desigualdade máis antiga da historia, a de mulleres e homes, non acaba de desaparecer? Por que as políticas de igualdade non funcionan de xeito socialmente máis rendible? Por que espertarmos cada día coa noticia dun feminicidio máis? Por que o concepto de feminismo continúa provocando rexeitamento a gran parte da sociedade? Por que a infancia segue a reproducir roles sexistas? Por que, malia dispoñermos dunha iguladade legal, non se acadou unha igualdade real? Como romper co patriarcado e lograr un cambio real e eficaz? Como actuar desde as institucións educativas a prol da igualdade? A resposta a estas, e outras, preguntas constitúe a cerna e obxectivo desta obra, que pretende, ao cabo, propocionar ao colectivo docente de todas as etapas educativas un coñecemento en profundidade dos diversos mecanismos patriarcais e destacar a importancia da coeducación na consecución dunha sociedade feminista.