VIII Xornada Universitaria Galega en Xénero. Epistemoloxías Feministas en Acción

  1. Águeda Gómez Suárez
  2. Ana María Neira Pena
  3. Marta Pérez Pereiro

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-975-7

Ano de publicación: 2023

Tipo: Libro

Resumo

Esta oitava xornada universitaria galega en xénero constitúe o afianzamento e o arraigo definitivo dunha iniciativa conxunta das tres universidades galegas xurdida no ano 2013. A Universidade de Vigo acolleu como anfitrioa esta oitava edición, baixo o lema «Epistemoloxías feministas en acción», que volveunovamente á modalidade presencial, e que tamén se retransmitiu en streaming na modalidade virtual.Esta edición está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministeriode Igualdade), no marco dos convenios de colaboración da Consellería de Promoción do Emprego eIgualdade coas universidades galegas.Estas xornadas teñen como obxectivo crear un espazo compartido entre as tres universidades galegas,entre as persoas dedicadas a reflexionar e a debater sobre a incorporación da perspectiva de xénerona investigación, na docencia universitaria e na loita contra as violencias machistas nos espazos universitarios, cunha visión multidisciplinaria. E, nesta oitava edición, centrámonos en tratar a orixe e aevolución da orde política patriarcal, e o seu impacto no estadame cultural, institucional e cognitivo danosa sociedade e das nosas universidades.