Neoplasias en pacientes con insuficiencia cardiacaincidencia, pronóstico y factores de riesgo

  1. Sagastagoitia Fornie, Marta
Dirixida por:
  1. Eduardo Barge Caballero Director
  2. María Generosa Crespo Leiro Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de febreiro de 2024

Tribunal:
  1. Arturo González Quintela Presidente
  2. Raquel Marzoa Rivas Secretario/a
  3. Pablo Pazos López Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 831518 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivos: Nos últimos anos xurdiron publicacións que suxiren que a insuficiencia cardíaca (IC) podería ser un factor de risco independente de cancro. Non obstante, a evidencia publicada é polo momento feble. O obxectivo principal deste estudo é analizar en pacientes con IC a incidencia de nova neoplasia no seguimento, coñecer os principais factores de risco asociados ó desenvolvemento de cancro e determinar o seu prognóstico, comparando estes resultados cos da poboación xeral. Como obxectivo secundario, analizamos o prognóstico da IC no paciente con antecedente de neoplasia. Métodos: Tratase dun estudo observacional unicéntrico, baseado nunha cohorte histórica prospectiva de pacientes con IC remitidos á Unidade de IC Avanzada do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, en España, desde a súa creación en 2010 ata 2019. O cancro de pel non-melanoma foi especificamente excluído da definición de malignidade, para poder comparar os nosos resultados cos estimados para a poboación xeral española polo Observatorio Global do Cancro. Resultados: Despois dunha mediana de seguimento de 4,07 anos de 1.909 pacientes consecutivos con IC, diagnosticáronse 165 novos casos de malignidade. As taxas de incidencia estandarizadas por idade por 100.000 persoas-anos foron de 861 casos [intervalo de confianza (ICo) 95% 618,4–2.159,4] en homes e 728,5 casos (ICo 95% 451,1–4.308,7) en mulleres no grupo de IC; mentres que as taxas de incidencia estandarizadas por idade por 100.000 persoas-anos para a poboación española foron 479,4 casos en homes (risco relativo = 1,80) e 295,5 casos en mulleres (risco relativo = 2,46). Tanto o antecedente de neoplasia como o diagnóstico dunha nova neoplasia no seguimento, foron asociadas cunha menor supervivencia. As taxas de mortalidade relacionada co cancro estandarizadas por idade por 100.000 persoas-anos foron 344,1 mortes (ICo 95% 202,1–1675) en homes e 217 mortes (ICo 95% 32,8–3949,3) en mulleres no grupo de IC, mentres que as taxas de mortalidade relacionada co cancro estandarizadas por idade por 100.000 persoas-anos para a poboación xeral española foron 201,4 mortes en homes (risco relativo = 1,71) e 96,2 mortes en mulleres (risco relativo = 2,26). Conclusións: Os pacientes con IC mostraron taxas mais elevadas na incidencia de novo diagnóstico de cancro e de mortalidade relacionada co cancro que o esperado para a poboación xeral, tanto en homes como en mulleres, sendo a supervivencia tras un novo diagnóstico de neoplasia pobre.