O complexo lácteo galego nun mercado liberalizado. Estratexias e políticas ante a desaparición do sistema de cotas na UE

  1. Edelmiro López Iglesias
Revista:
Foro económico de Galicia. Documentos

Ano de publicación: 2015

Tipo: Relatorio

Resumo

No ano 2015 o sector lácteo volveu saltar en Galicia aos titulares dos medios de comunicación debido, igual que en episodios anteriores, ás mobilizacións dos gandeiros. Máisalá da conxuntura e os problemas inmediatos, neste texto preténdese ofrecer un brevediagnóstico sobre a realidade actual do complexo lácteo galego (as actividades ligadas áprodución e transformación do leite) e as súas perspectivas no novo contexto europeo emundial, definido pola liberalización dos mercados. Os datos mostran un complexo cunnotable peso económico (aporta o 1,5% do PIB), no que Galicia xera case o 40% da produción láctea española e figura entre as 10 primeiras rexións leiteiras da UE. Pero que tenpendentes de resolver tres problemas de fondo: o modelo produtivo das explotacións, aextrema debilidade da industria e a falta de organización da cadea (relacións entre gandeiros, industrias e distribución).