Desenvolvemento e estandarización de marcadores PET

  1. Piñeiro Fiel, Manuel
Dirixida por:
  1. Pablo Aguiar Fernández Director
  2. Alvaro Ruibal Morell Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 2023

Departamento:
  1. Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Tipo: Tese

Resumo

Nesta tese introdúcense as bases e a orixe da imaxe médica e en especial da técnica PET, con tódolos aspectos que se deben ter en conta a hora de traballar con estas imaxes. Facendo fincapé no emprego de biomarcadores de imaxe e a importancia da súa correcta cuantificación e estandarización no camiño de lograr unha medicina personalizada. Presentamos unha descrición completa da literatura dispoñible sobre a radiómica PET e a análise de texturas, onde observamos que o interese neste campo aumentou dunha maneira exponencial na última década.A maiores identificamos varias preocupacións metodolóxicas relacionadas coa validación dos algoritmos propostos, o número de pacientes incluídos, a falta de accesibilidade aos datos, o software e a necesidade dunha maior estandarización metodolóxica.