Coronavirus e desinformación en Europaanálise de proxectos de fact checking para loitar contra a manipulación informativa en España, Reino Unido, Francia, Italia e Alemaña

  1. Casas García, Hermenegildo José
Dirixida por:
  1. Xosé López García Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 05 de decembro de 2023

Tribunal:
  1. Andreu Casero Ripollés Presidente/a
  2. Ana Isabel Rodríguez Vázquez Secretaria
  3. José Rúas Araújo Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencias da Comunicación

Tipo: Tese

Resumo

A desinformación é un dos grandes retos que enfronta o xornalismo no contexto da sociedade rede. A evolución das novas tecnoloxías da información trouxo consigo a ruptura dos monopolios informativos creados na sociedade industrial. A democratización da produción e acceso á información foi unha das consecuencias positivas deste proceso, mais atopámonos con outras negativas. "Desinformación" é xa un concepto instalado no vocabulario da cidadanía. Esta investigación ten por obxectivo profundizar nas ferramentas e estratexias que se están desenvolvendo no xornalismo para loitar contra os fenómenos da desinformación co estalido da pandemia da COVID-19, principalmente analizando o grao protagonismo do xornalismo de datos na verificación ou fact checking nos medios de comunicación de 5 países europeos.