A xudicialización da violencia golpista. Unha mirada transversal á administración de xustiza entre 1930 e 1942
- Cidrás Fuentes, Aldara
- Lourenzo Fernández Prieto Doktorvater
- Antonio Míguez Macho Doktorvater
Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela
Jahr der Verteidigung: 2023
- Xose Manoel Nuñez Seixas Präsident/in
- Elisabet Velo Fabregat Sekretär/in
- Alejandro Alonso Nogueira Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
A historia do golpe de Estado de 1936 é tamén, a historia dun asalto ao Estado xurisdicional. E é que a xurisdición non é un aspecto máis do Estado, senón que está na cerna mesma do concepto de soberanía. Os golpistas precisaban configurarse como contraestado que exerce a súa función xurisdicional para evidencciar que eles mesmos eran, en efecto, o verdadeiro Estado. Asemade, foi a través do exercicio desta mesma función xurisdicional como os sublevados canalilzaron fundamentalmente as súas lóxicas eliminacionistas. O exceso de aparente celo e o interese nun normativismo performativo xa dende os primeiros momentos do conflito evidencian que a administración de xustiza foi unha peza clave na súa estratexia, ofrecendo múlltiplles utilidades alén do punitivismo contra un outro político.