Golpe, Guerra e violencia na Galiza de 1936. Un estudo desde o norte da Provincia de Lugo

  1. Buxeiro Alonso, Xabier
Dirixida por:
  1. Lourenzo Fernández Prieto Director
  2. Antonio Míguez Macho Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 11 de outubro de 2023

Tribunal:
  1. Maria Aurora Artiaga Rego Presidenta
  2. Gutmaro Gómez Bravo Secretario/a
  3. Peter Anderson Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Historia

Tipo: Tese

Resumo

Na presente disertación realízase unha análise de conxunto sobre a violencia derivada Golpe de Estado de 1936 en Galiza, a partir do estudo de 24 concellos situados no norte da Provincia de Lugo. O texto divídese en tres grandes partes. A primeira, analiza a acción militar golpista de toma do poder, así coma os cambios producidos nos concellos que seleccionamos como área de estudo preferente. A segunda, estuda os asasinatos perpetrados a raíz do Golpe, coa intención de explicar os distintos niveis de violencia rexistrados no territorio, coñecer cales foron os mecanismos de eliminación física de persoas tras a Sublevación e identificar aos distintos actores implicados nas matanzas. A terceira e última parte analiza a selección das vítimas a través dos procesos xudiciais incoados a raíz do Golpe pola xurisdición militar.